Wednesday 01 de May de 2024

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 30 de decembro de 2022


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu neste 30 de decembro, a partir das 10.00 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia dos concelleiros e concelleiras Manuel Durán Guillán (PP), María González Santos (PP) e Genoveva Hermo Santos (Nós Pobra), así como do alcalde Xosé Lois Piñeiro García (Nós Pobra), polo que foi presidido pola primeira tenencia da alcaldía, Amparo Cerecedo Sánchez (BNG). A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación do expediente para a remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Aprobada con 6 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 3 abstencións (PP).

2. Aprobación definitiva da conta xeral do exercicio 2021. Aprobada por unanimidade.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.